Morre unha copiloto española de 21 anos Laura Salvo nun rally en Portugal

Laura Salvo. INSTAGRAM
photo_camera Laura Salvo. INSTAGRAM

A moza española Laura Salvo, de 21 anos, que participaba como copiloto no rally de Vidreiro, na localidade de Marinha Grande —na rexión centro de Portugal—, faleceu este sábado a consecuencia dun accidente na competición.

O coche de Salvo, un Peugeot, saíuse da estrada apenas 600 metros despois do inicio da carreira e impactou polo lado dereito, segundo o comandante de Bombeiros de Marinha Grande, Vítor Graça.

A moza foi atendida de inmediato polos servizos de urxencia e habilitouse un helicóptero para o seu traslado a un hospital, pero estaba en parada respiratoria e non respondeu as manobras de reanimación.

A organización do rally expresou as súas condolencias pola morte da moza valenciana e decidiu cancelar a competición.

Máis en Deporte General
Comentarios