O Sevilla buscará contra o Liverpool a súa terceira Europa League seguida

Os de Emery derrotaron ao Shakthar por 3-1 e os de Klopp varreron ao Villarreal por 3-0 en Anfield
Los jugadores del Sevilla festejan su clasificación para la final de la Europa League
photo_camera Los jugadores del Sevilla festejan su clasificación para la final de la Europa League

O Sevilla derrotou este xoves en semifinais por 3-1 ao Shakhtar Donetsk e o 18 de maio xogará en Basilea (Suíza) a final da Liga Europa, a súa terceira consecutiva, contra o Liverpool, verdugo do Villarreal en Anfield (3-0).

O Sevilla, que xogará a súa terceira final consecutiva deste torneo en busca do seu quinto título, gañou ao Shakhtar por 3-1 con dous goles de Kevin Gameiro (m.9 e 47) e un máis de Mariano Ferreira (59), mentres que polo equipo ucraíno anotou Eduardo, que ao bordo do descanso marcou o 1-1 momentáneo. Na ida ambos os equipos empataron 2-2.

Na outra semifinal, un tanto en propia meta de Bruno Soriano (m.7), un de Daniel Sturridge (63) e outro de Adam Lallana (81) deron a vitoria ao Liverpool por 3-0 ante o Villarreal, que xogou desde o minuto 71 con dez pola expulsión por dobre amarela de Víctor Ruiz, e a súa clasificación para a final. Na ida o cadro español impuxérase por 1-0.

O equipo inglés, que evitou unha segunda final integramente española tras a da Liga de Campións entre o Real Madrid e o Atlético de Madrid do 28 de maio en Milán, pugnará en St. Jakob-Park pola súa cuarta coroa, tras as obtidas en 1973, 1976 e 2001 cando se chamaba Copa da UEFA.

Comentarios