Once anos despois o Real Club Celta de Vigo salda a súa débeda con Facenda

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia informa de que o conxunto vigués cumpliu o convenio subscrito en 2009 cos seus acredores
El presidente del Real Club Celta de Vigo, Carlos Mouriño. SALVADOR SAS
photo_camera O presidente do Real Club Celta de Vigo, Carlos Mouriño. SALVADOR SAS

O Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra declarou que o equipo vigués cumpliu dunha forma íntegra e estrita o convenio subscrito en xullo de 2009 cos seus acreedores; polo que o maxistrado da por concluído dito concurso.

A finalización do concurso foi solicitado polo Real Club Celta de Vigo ao Xulgado do Mercantil de Pontevedra en decembro de 2019, un trámite ao que moi poucas empresas ou asociacións poden chegar. A negociación cos acreedores, especialmente con Facenda e coa antiga Caixanova, a quita do 85% da débeda ordinaria e o porcentaxe de ventas e os dereitos de televisión, ademais da gran xestión por parte da directiva presidida por Carlos Mouriño, fixeron posible o cambio absoluto no apartado económico.

Atrás quedan once anos dun duro camiño que estivo a punto de finalizar coa disolución do club. Agora, no 2020, o equipo olívico pode presumir de ser o equipo máis saneado de España e un dos de Europa. 

A resolución da finalización do concurso pedida polo equipo galego indica que o club “deu o debido cumprimento a todas as estipulacións contidas no convenio aprobado no seu día, segundo os informes semestrais presentados e o informe final achegado pola entidade debedora”. 

Pese a que esta resolución é favorable ao Real Club Celta de Vigo e da por concluído o concurso, tamén indica que calquera aceedor que o estime oportuno poderá solicitar ao xuíz a declaración de incumpremento, se cren que o equipo vigués non foi capaz de cumplir con todas as súas obrigas financieiras. Para realizar esta acción os acreedores teñen dous meses desde que se emite o escrito.

Comentarios