O Ourense CF ficha ao primeiro xogador chinés do fútbol galego

Li Diantong aterra na Terceira galega procedente da Segunda chinesa

Li Diantong.OURENSE_CF
photo_camera Li Diantong.OURENSE_Cf

O Ourense CF, décimo clasificado de Terceira División, anunciou a fichaxe do chinés Li Diantong, o primeiro xogador desa nacionalidade do fútbol galego. Trátase dun centrocampista de 20 anos que procede, a custo cero, do Qingdao Jonoon FC, da Segunda División chinesa. 

O gran valedor da súa fichaxe é o monfortino Manu Torres, a través da súa axencia de representación Pinosport. Segundo explicou a La Región, Diantong é un xogador "interesante", "máis un oito que un seis", e cren que o Ourense CF é un bo club no que calibrar o seu nivel en España. 

Máis en Deporte General
Comentarios