O Barça anunciou este martes o regreso, 20 anos despois, de Pau Gasol "para disputar o tramo final da Euroliga e a liga Endesa", segundo precisou o club azulgrana en redes sociais.
O pivote de Sant Boi de Llobregat, de 40 anos e que leva sen xogar desde marzo de 2019 por unha lesión no pé esquerdo, asinou un contrato ata o 30 de xuño de 2021.
Gasol xogou no primeiro equipo do Barça de 1999 a 2001, antes de marcharse á NBA, na que estivo as últimas 18 tempadas.
Na liga profesional estadounidense disputou 1.362 partidos, conseguiu dous aneis de campión (2009 e 2010) e xogou 6 veces ao partido das estrelas.
Very happy to come back home.⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀⠀
Força Barça! 🔵🔴 pic.twitter.com/6CewIY2Bil— Pau Gasol (@paugasol) February 23, 2021