Pepe Reina desata a polémica por celebrar un gol de Thiago

O porteiro español do Nápoles festexou o tanto do seu excompañeiro do Bayern contra a Juventus na Champions
El portero Pepe Reina
photo_camera El portero Pepe Reina

O porteiro do Nápoles Pepe Reina, desatou este mércores a ira de moitos italianos ao celebrar o gol que Thiago, do Bayern de Munich, marcou á Juventus na liga de Campións. O equipo alemán, adestrado por Josep Guardiola, clasificouse finalmente para os cuartos de final do campionato continental.

Foron moitos os seguidores da Juventus, que loita polo título da Serie A co Nápoles seguíndoa de cerca, que non se aguantaron e protagonizaron un verdadeiro aluvión de críticas e insultos en Twitter. A emoción xogoulle unha mala pasada ao gardameta, que non puido reprimir a alegría ao ver o tanto do seu excompañeiro de equipo.

Máis en Deporte General
Comentarios