Pochettino deixa a porta aberta ao Madrid

A pesar de renovar contrato co Tottenham o técnico arxentino declara "que pase o que teña que pasar"

Pochettino.AEP
photo_camera Pochettino.AEP

O técnico arxentino Mauricio Pochettino, que aparece en todas as quinielas como a primeira opción para substituír a Zinedine Zidane no banco do Real Madrid, asegurou que o seu compromiso co Tottenham "é máximo" e que despois "que pase o teña que pasar".

"Hai dez días que acabo de renovar co Tottenham. Estou contento e feliz que en Tottenham estean felices comigo logo de catro anos. O fútbol depárache circunstancias que non esperas, o importante é gozar do hoxe, de cousas que se poden tocar, falar de suposicións non axudan a ninguén", dixo.

O arxentino realizou estas declaracións en Barcelona durante a presentación de Un mundo nuevo, Diario íntimo de Pochettino en Londres, o libro autobiográfico que asina xunto ao xornalista Guillem Balagué. 

Máis en Deporte General
Comentarios