A final da Copa do Rei será o 25 de maio

Foi necesaria a repetición do sorteo dos cruces de Segunda B e Terceira por un erro no plantexamento

O sorteo para os emparellamentos das dúas primeiras eliminatorias da Copa do Rei, realizado este luns pola mañá, foi repetido ás 19.00 horas da tarde para corrixir un erro regulamentario que se produciu ao deixar exentos da primeira rolda ao Teruel e ao Unionistas, que non tiñan dereito segundo a normativa do sorteo. O fallo implicaba aos equipos de Segunda B e Terceira División, polo que non afectou os cruces de Segunda División e, por tanto, tampouco ao CD Lugo, que se verá as caras co Albacete en setembro.

A sede da Real Federación Española de Fútbol acolleu no mediodía deste luns o sorteo das dúas primeiras eliminatorias da Copa do Rei 2018/2019.  A lista de emparellamentos foi publicada na web e na conta de Twitter da Federación Española, pero dúas horas despois foi retirada de ambas as plataformas.

As cruces disputaranse o 5 de setembro, o inicial, con 18 enfrontamentos, e o 12 do mesmo mes o segundo, con 22 emparellamentos. Nesta segunda rolda é na que empezará a súa andaina na competición o CD Lugo, que se verá as caras co Albacete Balompé a partido único no Estadio Carlos Belmonte ?o mércores, 12 de setembro?.

Cabe sinalar que no actual persoal do conxunto albaceteño atópase Pelayo Novo, ex xogador lucense e tristemente soado no fútbol español pola caída que sufriu o pasado mes de marzo desde o terceiro piso dun hotel.

Ademais, a RFEF puxo unha data oficial para a final da competición, que se disputará o 25 de maio de 2019.

Emparellamentos xa sorteados da segunda rolda
A parte do cadro da segunda rolda de eliminatorias que só afecta os equipos de LaLiga 1|2|3 ?onde non haberá modificacións? queda disposto da seguinte maneira:

1 UD Las Palmas - CF Rayo Majadahonda
2 Club Atlético Osasuna - CF Reus Deportiu
3 Elxe CF - Selecta CF
4 Málaga CF - UD Almería
5 RCD Mallorca - Real Oviedo
6 AD Alcorcón - Exstremadura UD
7 CD Numancia - Real Sporting de Gijón
8 Albacete Balompié - CD Lugo
9 CD Tenerife - Cádiz CF
10 Córdoba CF - Gimnástic de Tarragona
11 Real Zaragoza - RC Deportivo da Coruña.


Emparellamentos da primeira rolda, a un só partido
1. Club Rápido de Bouzas - Unionistas de Salamanca

2. Mensajero - Compostela

3. Internacional de Madrid - Fuenlabrada

4. Navalcarnero - Cultural e Deportiva Leonesa

5. Langreo - Logroñes

6. Gernika Club - Durango

7. Mirandés - Racing de Santander

8. Barakaldo - Mutilvera

9. Calahorra - Ximnástica de Torrelavega

10.Cornellá - Sant Andreu

11.Castelló - Conquense

12.Poblense - Ontinyent

13.Lleida Esportiu Terraferna - Teruel

14.Don Benito - Cartagena

15.Yeclano Deportivo - Melilla

16.UCAM Murcia - Ceuta

17.Talavera de la Reina - Real Jaén

18.Marbella - Ebro


Segunda Rolda:

Gañador eliminatoria 12 - Gañador eliminatoria 17

CF Villanovense - CF Badalona

Gañador eliminatoria 15 - Tudelano

Gañador eliminatoria 13 - Gañador eliminatoria 2

Gañador eliminatoria 4 - Gañador eliminatoria 3

Gañador eliminatoria 16 - Gañador eliminatoria 7

Gañador eliminatoria 14 - Gañador eliminatoria 5

Gañador eliminatoria 10 - Gañador eliminatoria 6

Gañador eliminatoria 9 - Gañador eliminatoria 11

Lorca - Gañador eliminatoria 1

Gañador eliminatoria 18 - Real Murcia

+O gañador da eliminatoria 8 queda exento de disputar esta rolda, previo sorteo.

 

Máis en Deporte General
Comentarios