Iker Casillas, tras sufrir un infarto: "Todo controlado por aquí"

O porteiro do Oporto manda unha mensaxe de tranquilidade tras o infarto que sufriu

Iker Casillas, en el hospital. TWITTER
photo_camera Iker Casillas, no hospital. TWITTER

O gardameta español do Oporto Iker Casillas, que este mércores sufriu un infarto agudo de miocardio mentres se adestraba, publicou unha mensaxe en Twitter no que asegura que segue "coas forzas intactas" tras un "susto grande".

"Todo controlado por aquí, un susto grande pero coas forzas intactas. Moitísimas grazas a todos polas mensaxes e o agarimo", escribiu o excapitán do Real Madrid e da selección española na súa conta desa rede social.

Casillas acompaña o texto cunha foto na que aparece riseiro, con moi bo aspecto, na cama do hospital de Porto no que está ingresado tras sufrir un infarto durante o adestramento deste mércores do seu equipo.

Non volverá xogar este ano
A súa vida, segundo informa o club, non corre perigo, aínda que non volverá xogar no que resta de tempada. Hai quen apunto incluso que este susto o podería abocalo á retirada.

"Iker Casillas sufriu un infarto agudo de miocardio durante o adestramento desta mañá, realizado no Centro de Adestramento e Formación Deportiva PortoGaia, no Olival", sinalou o club portugués. 

O Oporto indicou que "a sesión de traballo foi rapidamente interrompida para prestar asistencia" ao porteiro que foi trasladado ao referido centro hospitalario. 

O club de fútbol asegurou que o exguardameta do Real Madrid, que cumprirá 38 anos o próximo 20 de maio, "se atopa ben, estable e co problema do corazón resolto". 
 

Máis en Deporte General
Comentarios