Toimil: "Da rabia a eliminación porque me atopaba moi ben"

A lanzadora de Mugardos tan só conseguiu unha marca de 17,38 metros tras dous intentos nulos
Belén Toimil.EP
photo_camera Belén Toimil.EP

A galega Belén Toimil, plusmarquista española de lanzamento de peso cunha marca de 18.80 metros, lamentou a súa eliminación nos Xogos Olímpicos de Tokio e asegurou que caer " primeira dá rabia porque a final estaba cerca" e atopábase "ben". 

A mugardesa fixo dous nulos nos dous primeiros intentos na proba de cualificación e no terceiro e definitivo quedou nos 17,38 metros, lonxe das súas mellores marcas pero a tan só cinco centímetros do corte.

"É unha pena porque me atopaba moi ben e sabía que podía facer a marca que pedían. Non foron nervios, estaba tranquila, pero non me saíu. Intenteino a matar, saíron dous nulos por fallos da técnica, e dáme pena porque se que son capaz de facelo moito mellor", dixo Toimil, en declaracións a TVE.

"Caer eliminada dá rabia porque a final olímpica estaba cerca. O último lanzamento fíxeno con medo para non saírme e non reflexa en absoluto do que son capaz. Nos dous primeiros saínme por diante ao ir a matar pero, en fin, isto é a competición, que non sempre sae ben", concluíu.

Máis en Deporte General
Comentarios