A organización Tsunami Democràtic anunciou este venres cinco datas de novas mobilizacións entre novembro e decembro, nun apuntamento de Twitter recollido por Europa Press. Entre outras, anuncia unha mobilización para o día 18 de decembro, data na que se xoga no Nou Camp o partido de fútbol entre o Barcelona e o Real Madrid".
A primeira convocatoria é o 9 de novembro e abarca todo o Estado, segundo indicou esta entidade independentista, que tamén sinala o 11, o 12 e o 13 do mesmo mes nun "lugar sorpresa".
A quinta mobilización esta prevista para o 18 de decembro, día en que se ten que disputar o partido entre o FC Barcelona e o Real Madrid, e Tsunami apunta: "Xogamos en casa".