FICHA TÉCNICA

1-1. Punto positivo para o Burela e o Poio

O derbi galego estivo marcado por unha gran igualdade case durante todo o partido
Jenny, del Poio Pescamar, disputa un balón con Dany en un momento del partido
photo_camera Jenny, del Poio Pescamar, disputa un balón con Dany en un momento del partido

A igualdade foi a protagonista no derbi galego entre Poio Pescamar e Pescados Rubén Burela, un choque no que calquera puido gañar e onde as porteiras de ambos os equipos callaron unha excelente actuación. A repartición de puntos rompe a serie de vitorias que levaban ambos os conxuntos, pero non as boas sensacións para a loita polas primeiras prazas da clasificación.

O Burela comezou máis entoado na ofensiva que o equipo pontevedrés, como mostrou unha acción individual de Bea Mateos que se converteu na primeira ocasión do partido, cun disparo que se marchou fóra por pouco. No entanto, o Poio entrou pronto no partido.

Dany, no minuto 34, puxo por diante ás mariñás e Jessi, só tres minutos despois, anotou o definitivo 1-1 co que se chegaría ao final do partido.



►Consegue a información completa deste partido na edición do domingo de El Progreso ou Diario de Pontevedra

Máis en Deporte Local Lugo
Comentarios