Kevin Presa está a un paso do UCAM Murcia. A pesar de que varios equipos de Segunda División, entre eles o Lugo, mostraron interese no centrocampista do Pontevedra, parece que finalmente será un dos poderosos de Segunda B quen leve o gato á auga.
O xornal La Verdad asegura que o de Ponteareas podería aterrar en breve no conxunto universitario. A súa marcha do Pontevedra dábase por feita, e máis desde que a propia Lupe Murillo o deslizou a pasada semana.
Por outra banda, o UCAM Murcia tamén anunciou a marcha doutro galego, Luís Fernández. O dianteiro de Burela, que marcou 9 goles en 17 partidos esta campaña, non renovará cos murcianos.