Miércoles. 19.09.2018 |
El tiempo
Miércoles. 19.09.2018
El tiempo

1-1. O Pontevedra rasca un empate ante o Navalcarnero

Luismi, adestrador do Pontevedra. DP
Luismi, adestrador do Pontevedra. DP

Os de Luismi puideron chegar a porse por diante na recta final do partido, pero o colexiado anulou un gol a Pedro Vázquez

O Pontevedra saíu do Estadio Municipal Mariano González cun bo sabor de boca tras rascar un punto ante un rival de altura como o Navalcarnero.

Os granates saíron enchufados e foron os que tiveron a primeira ocasión clara para marcar. Foi Romay quen, aproveitando un erro defensivo, deu o aviso cun remate de cabeza que finalmente se perdeu fóra dos tres paus.

O Navalcarnero non tardaría en reaccionar e coa súa primeira ocasión na área a afección local reclamaría penaliti por unha suposta man de David Castro que o colexiado non viu.

O partido transcorreu sen que ningún dos dous conxuntos chegase a dominar o partido.

Os tantos chegarían na segunda parte. Os primeiros en marcar foron os locais. Jesús poría ao seu equipo por diante no minuto 60, tras un lanzamento de córner, mentres que o tanto do Pontevedra viría concibido polas botas de Arruabarrena no 69,  remantando unha acción de Álex Gónzalez.

Os de Luismi puideron porse por diante cun gol de Pedro Vázquez que o colexiado non concedería ao estimar que o xogador se atopaba en fóra de xogo.

â??LEA A CRÓNICA COMPLETA NA EDICIÓN IMPRESA DESTE DOMINGO DE DIARIO DE PONTEVEDRA

1-1. O Pontevedra rasca un empate ante o Navalcarnero
Comentarios