viernes. 28.02.2020 |
El tiempo
viernes. 28.02.2020
El tiempo

1-2. O Poio Pescamar deixa escapar tres puntos ante o Penya Esplugues

Un partido do Poio Pescamar. DAVID FREIRE (ARQUIVO)
Un partido do Poio Pescamar. DAVID FREIRE (ARQUIVO)

O Poio Pescamar non sae á boia. Cando o barco comezaba a levar o rumbo adecuado directo ao play-off, de súpeto deu xiro de temón e volve naufragar á deriva. Partido pouco vistoso o que asinou este sábado o conxunto roxiño, do que deixou escapar os tres puntos ante un rival que non puxo resistencia algunha. Tres goles de casualidade deixaron ao Poio derramando bágoas sobre a pista.

Non empezou ben o Poio. As conserveiras saltaron á pista a ver que pasaba, a tentear a unhas rivais que non se esmeraban demasiado en subir o seu marcador. O Penya aparcou o autobús dentro da pista. Concretamente no seu campo e disfrazouno de defensa, plantando unhas liñas moi pechadas que facía ao Poio recular cada vez que pasaban de tres cuartos. Balóns que non perigaban para ningún dos dous equipos. O rival limitouse a esperar o fallo dos locais, e estas, lonxe de decidirse, preferiron xogar ao mesmo. Só unha acción de Clara que enviou ao pau aos sete minutos fixo ver á afección que na pista había un partido de fútbol sala.

► LEA A CRÓNICA COMPLETA NA EDICIÓN IMPRESA DESTE DOMINGO DE DIARIO DE PONTEVEDRA

1-2. O Poio Pescamar deixa escapar tres puntos ante o Penya Esplugues
Comentarios