1-5. O Poio Pescamar supera ao Fisgón na Copa

As de Poio métense de cheo en oitavos de final

Gon HQR! Partido Copa Reina futsal,O Fisgón-Poio Pescamar. Fotos ambiente, jugadas, entrendores., viernes, 6 dic · 19:00–20:00
photo_camera Un momento do encontro entre o Poio e O Fisgón. GONZALO GARCÍA

Todo estaba de cara para os dous equipos que saían á pista. O pavillón, cheo ata a bandeira, as afeccións entregadas coa causa e sobre a pista, dous equipos que buscaban o pase a oitavos de final. Finalmente saíu premiada a insistencia. Cinco goles do Poio Pescamar deixaron nunha mera ilusión a Copa para O Fisgón. 

Os cinco graos que marcaban os termómetros en Marín este venres non se correspondían coa calor que se respiraba na Raña. Ambos os equipos saíron cunha ansia propia dunha final. Xa avisou Irene por parte do conxunto rojillo aos 30 segundos, de que a tarde prometía, cun disparo a porta que arrincou o ¡ui! da bancada. Antía vía o que estaba por vir. Os primeiros minutos foron de control por parte do Poio, pero todo o esforzo era en balde, posto que na área rival había unha muralla imposible de traspasar. O Fisgón non deixaba pasar o aire. 

Ambos os equipos tomábanse a medida e a intensidade era innegable: a pelota estaba en constante movemento. O Fisgón non estivo falto de ocasións, con todo a puntería non foi o seu forte na tarde do venres.

O Poio, brillante e efectivo, métese de cheo en oitavos de final.

Le a crónica completa na edición impresa deste sábado de Diario de Pontevedra

Ficha técnica
O Fisgón: Antía, Café, Pau, Kun, Mar, Karen, Marina, Vera, Kiko, Yessy, María e Charo.

Poio Pescamar: Caridad, Ana Rivera, Clara, Irene García, Iria, Silvia Aguete, Anna Escribano, Miriam, Andrea Feijóo, Dani Sousa e Inés Mayán.

Goles: 0-1 Clara (min.9); 0-2 Andrea (min.16); 0-3 Ana Rivera (min.17); 0-4 Clara (min.32); 1-4 Café (min.34); 1-5 Iria (min.39).

Incidencias: Partido pertencente a dezaseisavos de final de Copa da Raíña disputado no pavillón A Raña.

Comentarios