miércoles. 12.08.2020 |
El tiempo
miércoles. 12.08.2020
El tiempo

74-79. O Peixegalego non consegue saír á boia

DAVID HQR! BALONCESTO, LEB OURO: MARÍN PEIXEGALEGO-ALMANSA, sábado, 14 dic · 19:00–20:20
DAVID HQR! BALONCESTO, LEB OURO: MARÍN PEIXEGALEGO-ALMANSA, sábado, 14 dic · 19:00–20:20
O conxunto marinense suma con esta a súa duodécima derrota no que vai de tempada

Chegou a decimosegunda derrota do Marín Ence Peixegalego ante un rival directo como o Afanión Almansa nun partido no que só dominou no segundo cuarto e foi a remolque durante trinta minutos de xogo, e no que adoeceu de acerto ofensivo e referencias fiables en ataque. O partido comezou cun ritmo frenético porque o cadro visitante así o impuxo, ademais con gran acerto desde o perímetro. Ao Peixegalego faltoulle unha dose de intensidade defensiva.

O dominio do equipo preparado por Rubén Perelló no primeiro cuarto foi absoluto sobre o parqué e no marcador. Chegou a ter unha máxima renda de nove puntos (12-21) aos oito minutos de xogo tras os catro triplos do conxunto manchego e o dominio no poste baixo de Cvetinovic. No Peixegalego Badmus e Toncinic, aínda que este abusaba de tiros exteriores, eran as únicas referencias en ataque e Alex Mazaira volvía ás pistas para xogar os últimos dez segundos do cuarto onde tivo un triplo liberado que errou.

►LEA A CRÓNICA COMPLETA NA EDICIÓN IMPRESA DESTE DOMINGO DE DIARIO DE PONTEVDRA

74-79. O Peixegalego non consegue saír á boia
comentarios