1-0. Unha acción de carambola fulmina o idilio do Alondras

A un Estradense con dez remóntanlle dous goles en media hora de partido (2-4)
FUTBOL_ COPA RFEF_ Alondras - Pontevedra
photo_camera Imaxe de arquivo dun partido do Alondras. ADP

Dun duelo igualado contra o Silva na Coruña saíu perdedor o Alondras por primeira vez no que vai de tempada ao encaixar o único tanto do encontro (1-0).

A superioridade visitante durante o segundo tempo quedou truncada cunha xogada de absoluto infortunio. Un saque de banda foi despexado ao traveseiro e o rexeite cabeceouno o xogador local Joao ao fondo da rede no minuto 75.

Houbo un tempo para cada equipo sobre o céspede da Grela.

ESTRADENSE. Tres goles de Javi Pazos abanderaron a remontada do Barco tras o descanso contra un Estradense esgotado fisicamente en inferioridade numérica desde o minuto 13 pola expulsión de Coke. Dun 2-0 pasouse ao 2-4 definitivo. Non se producía unha derrota do Estradense en casa desde o 14 de marzo.

â?? A crónica completa coa edición en papel de Diario de Pontevedra deste luns

Comentarios