Adiada a proba do Circuíto Galego de Skate

A celebración estaba prevista para o 22 de maio
Un joven practica skate en la avenida de Santa María. RAFA FARIÑA
photo_camera Un joven practica skate. RAFA FARIÑA

Una ampliación do confinamento do xuíz principal, vencellado a un positivo en covid dun contacto, obrigou a pospoñer a celebración da terceira proba do Circuíto Galego Júnior de Skate, organizada pola Escola de Skate Urban Culture Factory en colaboración coa Concellería de Deportes e a Federación Galega de Patinaxe e cuxa celebración estaba prevista para o sábado 22 de maio nas instalacións que dita Escola ten na avenida das Corvaceiras.

Segundo explicou o tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, "ao tratarse do xefe dos árbitros, non existe ningunha outra persoa que o poida substituír, polo que a Urban tivo que adiar este evento, no que ían participar uns 50 skaters de toda a comunidade".

Comentarios