Un adeus que fai historia: José Manuel Chan despídese do Cisne

O club mostrou o seu agradecemento tras a decisión de deixalo por motivos persoais
2020071317454512816
photo_camera José Manuel Chan nun partido do Cisne basee. DAVID FREIRE

José Manuel Chan despídese do Dicsa Modular Cisne Balonmán por motivos persoais tras once anos formando parte desta familia. O club non dubidou en agradecer a súa traxectoria na entidade a través de redes sociais.

O agora ex-adestrador se uniu aos brancos en agosto de 2009 onde foi recibido cos brazos abertos por todos os que xa formaban parte do equipo.

Entrou pola porta grande considerado como un adestrador de talento excepcional e con experiencia moi favorecedora para a canteira.

Cando chegou o proxecto de colaboración co Colegio Los Sauces, no que por suposto tamén participou, Chan encargábase de adestrar ao equipo xuvenil. O que non se sabía naquel momento era o que se estaba forxando nese vestiario.

Cos anos a canteira fortaleceuse ata tal punto que os equipos de José Manuel Chan empezaron a cultivar grandes resultados, tanto na formación de xogadores, como na obtención de rendementos a curto prazo, sabendo que, aínda que non sexa o obxectivo dun adestrador, era fundamental para levar á canteira ata o máximo nivel.

Xogadores como Pablo Picallo, Javier Vázquez, Álvaro Prezado, José Leiras, Andrés Sánchez, Miguel Simón, Daniel López, Alex Chan, David Chapela ou Juan Novás, pasaron polas súas mans antes de alcanzar o soño do primeiro equipo.

Entre as súas vitorias destacan o Subcampeonato Galego Xuvenil da tempada 2009/2010, o Subcampeonato Cadete da tempada 2015/2016, e o Galego Xuvenil en 2017/2018, así como o terceiro posto no Campionato de España desa mesma tempada e o Campionato Galego Xuvenil na tempada 2018/2019.

Chan converteuse no adestrador daqueles equipos que nos últimos tres anos cedeu unicamente na contía de oito partidos.

A entidade branca non fala dun adestrador, fala dun colaborador, dun amigo e sobre todo dun cisneísta.

Agora tras once anos en compañía da "súa familia", o club non dubidou en agradecerlle todo o tempo que dedicou aos seus, o seu interese, a súa disposición, e escriben isto sabendo que "tarde ou cedo, volverán atoparse no camiño".

Comentarios