Tras a derrota que mantén Pontevedra de descenso, Antonio Fernández reflexionou acerca da actuación do equipo granate na táboa, tendo como referencia ao seu adversario deste sábado:
"Loxicamente afástallenos –Unionistas–, pero queda moito por diante. Fixemos unha primeira parte, moi boa. Nela estivo o noso partido", lamentou o preparador da escuadra de Pasarón na rolda de prensa posterior ao enfrontamento deste sábado en Salamanca.
"Nesa primeira metade fomos mellores, excepto os primeiros dez minutos, nos que non estivemos todo o ben que quixésemos, pero, unha vez asentámonos, o equipo estivo moi ben, chegou moi por fóra, foi superior a Unionistas, pero non fomos capaces de materializar ese dominio, tanto en control de xogo como en dominio de balón, de materializar algunha das ocasións que tivemos e metela. E sería outro partido totalmente diferente", engadiu o técnico do cadro lerezano, decepcionado coa falta de puntería e de acerto nos últimos metros da súa escuadra, que podería cambiar o rumbo do envite e haberlle dado os puntos.
á hora de comentar a acción que decidiu o partido, Fernández opinou que foi "unha falta que o árbitro aprecia que é falta, que pode ser falta loxicamente", dixo sen demasiada convicción e con certo ton de desilusión, partindo das instrucións que dera aos seus homes antes do duelo á hora de afrontar as situacións de perigo próximas ao seu terreo de castigo.
"Dixemos que había que evitar as faltas innecesarias. Se algo ten Unionistas é que ten un
Preguntado polo ambiente festivo vivido no encontro apuntou: "Alégrome por Unionistas. Pero o que máis me preocupa a min como adestrador do Pontevedra é que viñamos aquí coa intención de sumar e non o conseguimos. Iso é o que máis me preocupa", explicou o técnico da escuadra granate, alleo á situación da bancada, que pouco incumbía a un Pontevedra que se mete en maiores problemas logo da súa segunda derrota consecutiva contra rivais directos na batalla pola permanencia na Primeira Federación.