Alberto González, novo presidente do Cangas

Os socios aprobaron por unanimidade o nomeamento do avogado, que substitúe a Manuel Camiña tras a súa dimisión
Asamblea del Cangas celebrada este sábado. TWITTER
photo_camera Asemblea do Cangas celebrada este sábado. TWITTER

O avogado Alberto González será o novo presidente do BM Cangas Frigoríficos do Morrazo a proposta da actual xunta xestora e en substitución de Manuel Camiña, quen presentou a súa dimisión o pasado mes de novembro tras ser inhabilitado polo Comité de Competición da Federación Española (RFEBM). 

Os socios dos Frigoríficos aprobaron por unanimidade o nomeamento de Alberto González e a continuidade á fronte do club da actual xunta xestora ata que finalice o proceso sancionador contra o seu ex presidente, unha asemblea extraordinaria celebrada este mediodía no salón de actos do concello de Cangas. 

Jose Manuel Piñeiro pasa, ademais, a ser o secretario do club, mentres que Orlando Galiñanes, foi nomeado tesoureiro do BM Cangas, que compite na liga Asobal de balonmán. 

O Comité de Competición da RFEBM sancionou a Camiña con dous danos de inhabilitación para ocupar "cargo ou desenvolver calquera actividade deportiva ou federativa" relacionada co balonmán e unha multa de 3.005 euros por unhas declaracións que constitúen "unha falta de respecto e menosprezo" co presidente da Federación, Francisco Blázquez, e os seus órganos de goberno. 

O histórico presidente dos Frigoríficos presentase a súa dimisión á xunta xestora o pasado mes de novembro ao sentirse "perseguido" por Blázquez e para intentar "non prexudicar máis" ao seu club, ao que, segundo denunciou, a Federación Española viña perseguindo desde que decidiu retirar o seu apoio ao candidato de Blázquez, Jaume Conejero, nas eleccións á presidencia da Asobal.

Máis en Deporte Local Pontevedra
Comentarios