viernes. 06.12.2019 |
El tiempo
viernes. 06.12.2019
El tiempo

Alexis Viéitez sitúase líder na primeira xornada da Subida a Pontevedra 

Un dos participantes na Subida a Pontevedra. JAVIER CERVERA
Un dos participantes na Subida a Pontevedra. JAVIER CERVERA
As mangas continúan o domingo na PO-233

Este sábado tiveron lugar na estrada que conecta Bora con Carballedo as dúas primeiras mangas da vixésimo segunda edición da Subida a Pontevedra. Alexis Viéitez, da escuadra Buxa Motor Poio, proclamouse líder de ambas as carreiras cun tempo de 1:35.074 na primeira e de 1:33.433 na segunda. 

Por detrás do piloto local, tanto na primeira como na segunda manga, situáronse Jacobo Senin, do Outeda Rancing. segundo e Miguel Ángel García, do Convento Motorsport, terceiro. 

A proba do sábado disputouse sen incidencias e con boa afluencia de público. O domingo continúan as mangas a partir das 9.30 horas na PO-233 ao bordo do río Almofrei ata chegar a meta na localidade que leva o seu nome.

Alexis Viéitez sitúase líder na primeira xornada da Subida a...
Comentarios