Antía Pérez rompe o cruzado anterior e perderase toda a tempada

A xogadora do Poio Pescamar lesionouse nos Xogos Olímpicos da mocidade, nun partido ante Bolivia

Antía Pérez. DAVID FREIRE
photo_camera Antía Pérez. DAVID FREIRE

Antía Pérez, xogadora do Poio Pescamar FS, perderase toda a tempada logo de confirmarse que ten roto o ligamento cruzado anterior do xeonllo esquerdo. A ourensá de só 18 anos tivo que retirarse en padiola do partido polo bronce nos Xogos Olímpicos da mocidade ante Bolivia, tras un lance fortuíto cunha rival.

Os peores presaxios confirmáronse este xoves. A futbolista foi sometida a unha resonancia magnética na que se detectou o alcance da lesión. 

A nova promesa do fútbol sala galego chegou este verán ao conxunto rojillo pero a afección non poderá gozar da súa calidade ata o próximo curso.

Comentarios