Aposta polos olímpicos

A Deputación reforza a súa axuda aos deportistas olímpicos e paralímpicos da provincia coa posta en marcha un plan de cara a Londres 212 dotado de 100.000 euros. A Deputación de Pontevedra reunida onte en xunta de goberno deulle o visto e prace ás bases de axudas a deportistas para a preparación e participación nos Xogos Olímpicos Londres 2012. A entidade provincial destina a estas subvenciones un total de 100.000 euros, dos cales 20.000 euros están destinados a deportistas paralímpicos e 80.000 euros a olímpicos.

Para percibir as axudas, que son incompatibles entre elas, os destinatarios deben ser deportistas que obtiveran medallas noutros Xogos Olímpicos, deportistas que participaran nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008, ou deportistas que non cumpran ningún dos requisitos anteriores pero que participaran nos Campionatos de Europa ou no Campionato do Mundo Absoluto 2010 en modalidades olímpicas.

O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia. Unha Comisión valorará as demandas de todos os interesados para comprobar cúmprense os requisitos técnicos requiridos.

De cara aos Xogos Olímpicos de Pequín2008 a Deputación xa apoiou aos deportistas e agora amplía o plan incluíndo a aqueles que participaron en campionatos de Europa ou do Mundo durante o ano pasado. Así mesmo a Deputación de Pontevedra concedeu premios económicos aos deportistas da provincia que lograron subir ao podio nos Xogos de Pequín, aínda que deixou fóra aos paralímpicos. Decisión que xerara unha agre polémica tras as protestas de Pablo Cimadevila e Chano Rodríguez.

Comentarios