A auga non se detén: o CW Pontevedra segue adestrando

O CW Pontevedra segue adestrando a pesar de que non ter aínda competición. O club realiza xornadas de portas abertas en decembro
Uno de los equipos femeninos del CW Pontevedra. DP
photo_camera Un dos equipos femininos do CW Pontevedra. DP

O Club Waterpolo Pontevedra continúa traballando a pesar de non contar aínda con datas para retomar as competicións autonómicas.

Xa son 9 meses os que leva a entidade pontevedresa sen disputar partidos de waterpolo, pero a pesar da incerteza do calendario, os diferentes equipos do club continúan adestrándose desde que no mes de xullo puideron volver á auga. E fano cun estrito protocolo de seguridade anti-Covid.

O CW Pontevedra conta con case un centenar de deportistas que cada semana adestran 3 ou 4 días nas piscinas do CGTD e do Complexo Deportivo Rías do Sur.

O club pontevedrés quere aproveitar estas datas para continuar captando adeptos, polo que durante todo o mes de decembro e en xaneiro, fará xornadas de portas abertas para que deportistas que queiran probar o waterpolo poidan facelo sen compromiso.

As xornadas de captación estarán destinadas a nenos e nenas desde 8 a 13 anos, ampliándose ás mozas para calquera idade. Os e as interesadas poderán contactar por correo electrónico ([email protected]), por teléfono (604 002 018) ou en calquera das súas redes sociais (páxina web, Facebook, Instagram ou Twitter). Unha vez solicitada a información, desde o club informarán de que días/horarios poderán acudir á piscina e liquidar calquera dúbida.

Para manter a tradición do Nadal, o CW Pontevedra manterá a súa faceta solidaria e continuará colaborando coa Fundación Amigos de Galicia. Pero este ano de forma diferente, xa que non está permitida a doazón de alimentos.

O club recadará diñeiro a través dos seus socios/as e amigos para doar á asociación. Quen queira achegar pode facelo mediante ingreso na conta do CW Pontevedra, entre o venres 18 e o xoves 24 de decembro, no número de conta de Abanca é72 2080 0514 0730 4000 9477, co concepto Doazón Amigos Galicia. 

Comentarios