O Betis Deportivo-Pontevedra poderase seguir a través dunha pantalla xigante

A Deputación anuncia a instalación nalgún punto céntrico da cidade, aínda por determinar, ante a petición dos seguidores que non poderán desprazarse a Sevilla
Pontevedra-Deportivo Aragón. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Pontevedra-Deportivo Aragón. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Os afeccionados granates que non poidan acompañar este domingo ao Pontevedra CF&poderán seguir o vital duelo da final do play-off co Betis Deportivo a través dunha pantalla xigante que se instalará na cidade. Así o anunciou este mércores o vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez.

"Recibimos nos últimos días múltiples peticións para que poñamos ou instalemos unha pantalla en strong <>Pontevedra para poder ver o partido", explicou nunha comparecencia, "mensaxes de moita xente que non se pode desprazar a Sevilla para apoiar ao equipo".

Así, Domínguez anunciou que a Deputación "instalará unha pantalla en Pontevedra para que todos aqueles que queiran apoiar ao equipo, ao noso club, todos os da cidade e a súa contorna que queiran ver o partido na rúa e demostrar o seu apoio vano a poder facer". O duelo dispútase este nbsp;&domingo 26 de maio ás 17.00 horas no Benito. A localización exacta da pantalla aínda se descoñece, en tanto que a Deputación debe acordar o lugar idóneo co Concello de Pontevedra.

"Contamos coa colaboración do Concello de Pontevedra para que nos indique cal é o sitio idóneo para colocala: a Praza do Teucro, Herrería, Praza de España...", apuntou Domínguez. A iniciativa nace das múltiples peticións transmitidas a través de redes sociais, persoalmente ou chamadas dos afeccionados aos que lles resultará imposible viaxar a Sevilla.

"Transmitíronnos que sería bonito ter unha pantalla para ver ese partido polo soñado ascenso do Pontevedra e estamos convencidos de que é unha iniciativa moi positiva", aclarou Domínguez, "o Pontevedra non é só un club, é parte fundamental da nosa cidade e a nosa provincia".

Comentarios