Bo papel Mundial de Lydia Pérez

A pontevedresa Lydia Pérez foi a única española en gañar un combate no campionato internacional absoluto de Loitas Olímpicas, ao derrotar este xoves a Tayla Ford na primeira rolda
Jose Cuba y Lydia Pérez en el Mundial de Nur-Sultán. FGN
photo_camera Jose Cuba e Lydia Pérez no Mundial de Nur-Sultán. FGN

A pontevedresa Lydia Pérez Touriño, do Club de Loita Pontevedra, destacou este xoves por ser a única representante española en gañar un combate no Mundial absoluto de Loitas Olímpicas, que está a ter lugar en Nur-Sultán (Kazajistán), do 14 ao 22 de setembro.

A loitadora pontevedresa superou ao seu rival, Tayla Ford, nunha primeira rolda que concluíu cun merecido 6-2 ,na categoría de -62 quilogramos. Lydia puido lucirse contra unha xogadora que partía como unha dura rival a bater. Na segunda rolda, Lydia non puido superar á sueca Henna Johansson, unha das favoritas dentro da súa categoría e quedou apartada da loita polas medallas durante a repesca.

A súa eliminación do Mundial non supón un fracaso nin para ela nin para a Federación. Todo o contrario, xa que na súa actuación demostrou o seu alto nivel e as súas amplas posibilidades de futuro. Aínda que a sorte non a acompañou no seu segundo combate, a do Club de Loita Pontevedra, demostrou estar á altura dos seus rivais.

Con só 21 anos, Lydia converteuse nunha das loitadoras máis recoñecidas do panorama nacional, dentro da categoría absoluta de loitas olímpicas. O seu soño é poder chegar a participar nos Xogos Olímpicos, un obxectivo para o cal é fundamental lograr boas actuacións nos distintos campionatos internacionais.

O soño de Lydia é participar nuns Xogos Olímpicos, para o que é fundamental lograr boas actuacións en campionatos internacionais

Lydia estivo todo o verán preparándose para a cita mundialista. Durante o mes de xuño, participou nos Xogos Europeos de Minsk, nos que se estreou contra a ucraína Tkatch Yuliia, perdendo por 0-6 e volvendo caer no último combate ante Mariia Kuznetsova, no que se xogaba o bronce.

A pesar das derrotas en Minsk, a pontevedresa continuou preparándose e acumulando experiencia de face ao Mundial de Kazajistán. No mes de xullo realizaba unha excelente actuación no Torneo Internacional de Ziolkowski en Varsovia e situábase como un forte rival a bater no próximo campionato. Desde principios do mes de setembro estivo adestrando e practicando como 'sparring' con algunhas das mellores deportistas internacionais na mesma cidade na que se está celebrando o Campionato do Mundo.

Tras a súa participación no Mundial absoluto de Loitas Olímpicas, a próxima cita internacional da pontevedresa será o Mundial sub-23 que se celebrará en Budapest o próximo mes de outubro. O resto de selección nacional que loitaron este xoves en Nur-Sultán, non tiveron a mesma sorte que Lydia. Levan Metreveli caía na categoría de -57 kg e Juan Pablo González, en -65 quilogramos.

Xa só quedan dous representantes españois na competición. Jose Cuba Vázquez, do Club Loita Olímpica Vilalba, disputará este venres o seu primeiro cruzamento de rolda contra Johannes Ludescher (AUT), en -125 quilogramos. Cuba é outro dos loitadores galegos máis recoñecidos, aos que moitos consideran un referente e cuxo nomee adoita ser habitual nas convocatorias da selección española para os diferentes torneos europeas e internacionais.

Para rematar, Taimurad Friev, pechará mañá a participación española na categoría de -86 quilogramos.

Comentarios