O Cangas séntese perseguido pola Federación Española de Balonmán

O club de balonmán celebra este sábado unha asemblea de socios para elixir presidente tras a inhabilitación de Camiña
Imagen de archivo de la afición del Cangas durante un partido. JAVIER CERVERA
photo_camera Imagen de archivo de la afición del Cangas durante un partido. JAVIER CERVERA

A xunta xestora do BM Cangas achaca a unha "atafegante persecución" por parte da Federación Española de Balonmán (RFEBM) a inhabilitación durante dous anos do seu expresidente Manuel Camiña, ao que mostra o seu "incondicional apoio".

Tanto é así, que este sábado proporá á asemblea de socios distinguilo como Socio de Honra do club, ao que leva vinculado máis de cincuenta anos, a maioría deles como presidente.

Nesta mesma asemblea xeral extraordinaria de socios debe elixirse a un novo presidente tras a dimisión de Manuel Camiña, a quen o Comité de Competición de Federación Española impuxo unha sanción de dous anos de inhabilitación .

"Tras exercer a súa liberdade de expresión, xustificada, exercendo a defensa da entidade da súa vida, Manuel Camiña recibe a misiva da Federación Española de quedar inhabilitado do seu cargo durante dous anos", denuncia o BM Cangas nun comunicado.

O Comité de Competición da RFEBM sancionou a Camiña con dous danos de inhabilitación para ocupar "cargo ou desenvolver calquera actividade deportiva ou federativa" relacionada co balonmán e unha multa de 3.005 euros por unhas declaracións que constitúen "unha falta de respecto e menosprezo" co presidente da Federación, Francisco Blázquez, e os seus órganos de goberno.

PREXUDICADO. "Convén recordar que o organismo que lle está administrando a sanción ao noso expresidente exerceu unha atafegante persecución á nosa entidade, buscando por todos os medios que se producise o final da liga da tempada pasada, cunha pandemia vixente, con todo o que iso reportaba a nivel deportivo", critica os Frigoríficos.

O enfrontamento entre Manuel Camiña e Francisco Blázquez (presidente da RFEBM) produciuse por mor de que, logo dunha reunión entre ambos, o directivo galego retirase o apoio a Jaume Conejero, candidato avalado polo presidente federativo, nas eleccións á presidencia da Asobal.

A reelección de Adolfo Aragonés, que obtivo oito votos por sete de Conejero, e a firme defensa de Blázquez de terminar as competicións do curso 2019-20 a pesar da aparición da covid-19 provocou que a tensión entre Camiña e Blázquez fose en aumento, ata o punto de que o entón presidente do BM Cangas tachou ao presidente da Federación de "paiaso " " e "franquito".

Este enfrontamento terminou, finalmente, na citada sanción e posterior dimisión de Manuel Camiña como presidente, xerando un gran malestar entre a masa social do Cangas e entre a veciñanza en xeral.

Máis en Deporte Local Pontevedra
Comentarios