Unha canteira internacional

Matías Bentancor, Laura Forte e Mariña García, do Tenis de Mesa Monte Porreiro, reciben a chamada da selección española para participar no WTT Youth Contender o próximo mes
Foto de familia del Tenis de Mesa Monte Porreiro, el pasado diciembre. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Foto de familia do Tenis de Mesa Monte Porreiro. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Os éxitos dos primeiros equipos do Tenis de Mesa Monte Porreiro non se entenderían se a saúde da que goza a canteira do club pontevedrés. Unha base que foi cultivando éxitos ao longo dos meses nos diferentes eventos como o Torneo Estatal de Jaen, o Campionato de España en Idade Escolar (CESA) ou o Campeoanto Galego Xuvenil e cuxa transcendencia foi máis aló do propio club.

E é que o  Monte Porreiro este martes a noticia da convocatoria de tres dos seus xogadores de base para o WTT Youth Contender de España que se celebrará do 10 ao 16 de maio en Platja D"Aro. Os tres deportistas son Matías Bentancor, Laura Forte e Mariña García e entran dentro da lista de nove galegos que hai dentro da lista de convocados.

Laura Forte. DP
Laura Forte. DP

Os tres forman parte da lista de xogadores que foi publicada pola selección española para a participación neste torneo internacional, creado para que os xogadores de base teñan un circuíto mundial de gran nivel, situado nun dos chanzos máis altos da estrutura de eventos de strong <>tenis de mesa e que aterra en España o próximo mes.

Matías Bentancor é unha das nova novas promesas da Monte Porreiro. O irmán do xogador do primeiro equipo, Martín Bentancor, está a destacar nas diversas competicións que se foron desenvolvendo nos últimos meses e entre os seus últimos logros atópase o bronce no Torneo Estatal de Xaén ou o subcampeonato conseguido coa selección galega infantil no Campionato de España en Idade Escolar (CESA) o pasado fin de semana.

Pola súa banda Mariña García e Laura Forte son dúas das grandes estrelas da canteira pontevedresa. Ambas destacaron desde moi novos e establecéronse no primeiro equipo da Monte Porreiro, actualmente defenden as cores do Pontevedra TM en División de Honra Feminina e están a loitar polo ascenso de categoría sendo terceiras na táboa.

As dúas cargan un amplo palmarés ás súas costas, tanto de xeito individual como en dobres, onde se pode destacar entre outros tanto éxito, a medalla de prata que cultivaron xuntas o verán pasado no Campionato de España de Cartaxena ou o subcampeonato que lograron fai 15 días no Campionato Galego Xuvenil.

Agora os tres forman parte da delegación na que destacan un total de nove galegos que foron chamados para defender as cores da selección española. Bentancor farao na categoría sub 13 masculina individual, mentres que Forte e García farano en individual sub 17 feminino. Tres deportistas que cos seus éxitos traspasaron a fronteira do club e deron un salto internacional.

Comentarios