Carmen Gómez Cortés queda sen premio nacional

A pontevedresa deixou escapar o podio do Campionato de España na carreira a pé, na que se impuxo Xisca Tous

Carmen Gómez Cortés (primera por la izquierda) en la carrera a pie. FEGATRI
photo_camera Carmen Gómez Cortés (primeira pola esquerda) na carreira a pé. FEGATRI

Non puido ser. Carmen Gómez Cortés quedou sen premio no Campionato de España de Tríatlon celebrado na Coruña. A pontevedresa mantívose en todo momento no grupo de cabeza da proba feminina xunto a dúas das favoritas: Cecilia Santamaría e Melina Alonso. Con todo, a deportista non puido aguantar o ritmo a pé marcado pola nova campioa de España, Xisca Tous, e a vencedora da proba, Kseniia Levkovska (Acerbaixán), e terminou decimosegunda.

Carmen Gómez Cortés saíu moi ben da auga e pronto colleu a cabeza de carreira. Foi tirando case todo o tempo no sector de bicicleta. O cansazo pasoulle factura cando comezou a carreira a pé nun grupo de seis triatletas xunto a Ana Mariblanca, Melina Alonso, Cecilia Santamaría, Xisca Tous e Kseniia Levkovska. Esta última non puntuaba para o nacional.

Santamaría foi tirando xunto a Xisca e Ksenia. Mentres tanto, Melina e Carmen fóronse descolgando do grupo e na última volta do percorrido a pé apareceu a venezolana fincada en Pontevedra Joselyn Brea, para alzarse coa segunda posición nacional.

A maior da Brea mantívose no grupo perseguidor durante todo o sector de ciclismo, tras non saír ben situada da auga. Con todo, volveu optar polo seu punto forte, a carreira a pé, e así foi como deixou a Cecilia Santamaría sen a prata do Cameponato de España.

CARREIRA MASCULINA. Na proba masculina non houbo protagonismo pontevedrés coa ausencia de Antonio Serrat. Uxío Abuín alzouse co segundo posto tras unha boa carreira a pé, seguido por Ignacio García. A proba levoulla Roberto Sánchez.

Os galegos deixaron boas sensacións e mostráronse fortes no último sector. Andrés Cendán foi sétimo, mentres que Martín Carreira e Carlos Brión quedaron fóra do ‘top-ten'.
 

Comentarios