O Celta cede ao porteiro Iván Villar ao Leganés 

O xogador apuntaba a unha tempada sen minutos ao ter por diante a Matías Dituro e a Rubén Blanco na súa posición
Iván Villar. DP
photo_camera Iván Villar. DP

O Celta de Vigo anunciou este mércores que o porteiro Iván Villar, que acaba de proclamarse subcampión olímpico coa selección española de fútbol, xogará en calidade de cedido no CD Leganés a tempada 2021-22.

A chegada este verán do arxentino Matías Dituro, unha petición do técnico Eduardo Coudet, e a recuperación de Rubén Branco, indiscutible nos últimos cursos mentres lle respectaron as lesións, pecháronlle as portas do primeiro equipo a Villar, que o pasado mes de xuño ampliou o seu contrato coa entidade celeste ata xuño de 2024.

No seu comunicado de prensa, o Celta desexa a Iván Villar "moita sorte e un gran éxito" na súa nova etapa deportiva no conxunto madrileño, co que debutará en LaLiga SmartBank. 

Comentarios