martes. 11.08.2020 |
El tiempo
martes. 11.08.2020
El tiempo

CISNE - SARRIÀ

O Cisne busca continuar a festa tras gañar o derbi

Javi Vázquez celebra un dos seus tantos no derbi do Lérez. JAVIER CERVERA
Javi Vázquez celebra un dos seus tantos no derbi do Lérez. JAVIER CERVERA
Os cisneístas queren prolongar o seu magnífico refacho fronte ao Sarrià para continuar no máis alto da categoría

O Cisne Colegio Los Sauces quere continuar co seu espléndido momento de forma á conta dun Uniu Esportiva Sarrià que ten moito perigo fóra de casa (17.30h, CGTD). Os pupilos de Jabato chegan nun momento de euforia logo de conseguir vencer por primeira vez na historia ao Teucro nun partido de liga. Alén do valor histórico e emocional que tivo o triunfo, cabe sinalar a forma na que se produciu. O Cisne fixo gala das súas maiores virtudes cun gran traballo de equipo que deixou claro que a clave deste conxunto é que son un auténtico bloque.

Os cisneístas atópanse agora mesmo no máis alto da táboa pero esta non é unha situación nova para eles. O equipo pontevedrés só perdeu o liderado polo adiamento dun dos seus partidos, polo que chegan a este encontro coa experiencia de afrontalo na cúspide da categoría.

O equipo branco só caeu derrotado nunha ocasión esta tempada e foi na súa visita ao Aranda, polo que contan co factor cancha como un dos seus puntos a favor. En fronte terá a un equipo bastante similar aos pontevedreses. O Sarrià é un conxunto que está a sorprender bastante e que unoa das súas claves é que son un bloque que leva moitos anos xogando xuntos, sen dúbida unha virtude moi similar á do conxunto de Jabato.

Para o Sarrià visitar Pontevedra non é unha novidade esta tempada, xa que se enfrontaron ao Teucro fai unhas xornadas. Naquela ocasión o resultado para os cataláns non foi bo, xa que caeron derrotados por 28-23. Tras a derrota contra o Teucro afrontaron dous partidos en casa fronte a Zamora e Palma que lle permitiron recuperar a boa dinámica que viñan atravesando.

Ademais de verse as caras co Teucro, os cataláns tamén tiveron outro duelo fronte a un conxunto galego esta tempada, pero con mellor resultado para eles. O Frigoríficos do Morrazo caeu derrotado na súa visita ao equipo gerundese nun partido da Copa do Rei por 28-25.

Os cataláns deixan claro que son un óso duro de roer e que o Cisne terá que sacar o mellor do seu xogo para poder fincarlle o dente. O equipo de Jabato pode prolongar o soño que están a vivir cunha vitoria que servirá para seguir facendo historia.

O Cisne busca continuar a festa tras gañar o derbi
comentarios