O Cisne, campión do primeiro Torneo Internacional Cidade de Pontevedra

O conxunto branco levou o triunfo na gran final disputada ante o Teucro â??A igualdade dominou no último partido da primeira edición do torneo internacional

Imagen del derbi sénior. RAFA FARIÑA
photo_camera Imaxe do derbi sénior. RAFA FARIÑA

O Pavillón Municipal acolleu este sábado o primeiro Torneo Internacional Cidade de Pontevedra no que o Cisne se proclamou como primeiro campión desta cita que pretende converterse en referencia ao comezo de cada ano

O último partido do día, o que enfrontou ao Teucro e ao Cisne, transformouse ademais na gran final do torneo deixando a emoción por coñecer ao vencedor ata o final. Un encontro que sen dúbida estivo marcado pola igualdade inicial, cun conxunto azul que saíu a por todas ante un Cisne que co paso dos minutos foi indo a máis ata conseguir unha certa vantaxe que lle permitiu chegar ao tempo de descanso co luminoso ao seu favor (11-9).

Xa na segunda metade deste duelo, que se considerou un aperitivo do enfrontamento ligueiro do próximo 2 de febreiro, o Teucro seguiu remando ata lograr que o duelo se mantivese sempre entre tan só un ou dous goles de diferenza. O ambiente foi subindo de intensidade e os colexiados deixaron aos azuis con dous xogadores menos tras as expulsións de Vinicius e Pedro Sánchez.

A igualdade continuou sendo a tónica dominante e a falta de dous minutos e medio os brancos só tiñan un gol de vantaxe. Finalmente, nos últimos segundos, Conde marcou o gol da tranquilidade dando o triunfo do partido e do torneo ao Cisne (21-19).

Pero antes do prato forte houbo máis balonmán xa que ás 19.00 horas iniciouse o triangular no que, ademais dos dous representantes pontevedreses, participou o Asociaciãou Académica Sãou Mamede da liga portuguesa.

No primeiro duelo o conxunto de Irene Vilaboa impúxose (17-14) ao equipo do país veciño nun duelo onde destacou a presenza de cinco xuvenís e no que se produciu o esperado debut de Kilian Ramírez baixo paus, logo de superar unha dura recuperación tras a operación do seu xeonllo.

Este primeiro duelo deixaba a esperanza de ver unha final entre os dous conxuntos pontevedreses e así foi. No segundo choque da tarde víronse as caras o Cisne fronte ao Sãou Mamade, nun partido onde os locais levaron a vantaxe desde o primeiro momento para, finalmente, conseguir o triunfo por un resultado de 26-15 .

APERITIVO. Con todo o Cidade de Pontevedra tamén quere ser un torneo no que a base estea presente polo que, como aperitivo ao triangular, disputáronse dous encontros no que os conxuntos infantil e cadete dos dous clubs locais foron os protagonistas.

A tarde de balonmán iniciouse co mini derbi infantil entre o Cisne e o Teucro, nun partido onde os brancos levaron a vitoria (24-9) e que significou a primeiro cara a cara da tarde deste sábado.

Tras ese encontro a pista do Municipal acolleu un novo derbi, pero nesta ocasión da categoría cadete. Os dous bloques mostraron unha cara a cara que fixo as delicias do público que asistiu a este novo evento, moito máis igualado que o primeiro pero que finalizou cunha nova vitoria para os cisneístas (25-18).

A canteira, a emoción e o deporte foron os protagonistas dun Cidade de Pontevedra que demostrou que a Boa Vila sente e vive o balonmán.

Comentarios