O Cisne incorpórase como socio á Asobal

RAFA HQR! partido Cisne-Puerto Sagunto. Pabellon municipal
photo_camera Unha xogada nun partido recente do Cisne. RAFA FARIÑA

A xunta directiva do Dicsa Modular Cisne acordou finalmente que o club se incorpore como socio á Asociación de Clubs Españoles de Balonmano (Asobal), organizadora da máxima categoría do balonmán español.

O conxunto pontevedrés, que se estrea este curso na categoría, iniciou a liga Sacyr Asobal sen formar parte da Asociación, seguindo o camiño marcado por outros clubs como o Barcelona ou o BM Logroño, pero un mes e medio despois decidiu converterse no décimo sexto club integrante da Asobal.

Os únicos dous clubs que compiten nestes momentos na máxima categoría sen ser asociados son o BM Logroño La Rioja e o Blasgon Bodegas Ceres Villa de Aranda, o outro equipo ascendido desde a División de Honra Prata.

Comentarios