O Cisne-Teucro de liga disputarase o 2 de febreiro ás 20.30 horas

Teucro-Cisne_ Fotos Amplia cobertura
photo_camera Un momento do partido que enfrontou a Cisne e Teucro no pasado mes de outubro. ARQUIVO

O Teucro e o Cisne xa coñecen a data e horario do seu partido da segunda volta da primeira fase. O comité de competición da Federación Española de Balonmán recolocou o encontro o mércores 2 de febreiro ás 20.30 horas, despois de que tivese que ser adiado o pasado mes de decembro, antes do parón da competición doméstica, por mor dos casos de covid-19 detectados no conxunto azul. 

Cabe lembrar que as dúas escadras teñen previsto medirse este sábado na I edición do Torneo Internacional Cidade de Pontevedra, baixo un formato de triangular no que tamén tomará parte o São Mamede da liga portuguesa. 

O Teucro xa ten pechado desta maneira o calendario de aprazamentos. Os azuis terán catro semanas particularmente cargadas, nas que deberán afrontar sete envites de liga de División de Honor Plata, co obxectivo de recuperar sensacións e sumar puntas co obxectivo de recuperar esperanzas na batalla pola permanencia.

Comentarios