O Club de Atletismo Rías Baixas celebra este xoves a VI Festa do Atletismo Galego

Trátase da última proba da temporada antes do descanso do verán e das Olimpiadas
Presentacion da IV Festa do atletismo galego. CEDIDA
photo_camera Presentacion da IV Festa do atletismo galego. CEDIDA

A Concellaría de Deportes que dirixe o tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, volve patrocinar a VI Festa do Atletismo Galego organizada polo Club Atletismo Rías Baixas e que se celebrará este xoves, 22 de xullo, ás 18.00 horas no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) de Pontevedra.

Tino Fernández explicou durante a presentación celebrada esta mañá no CGTD e na que estivo acompañado dos atletas David Vicente, Jacobo Soler e Evelyun Yazmin Aguilar, que nesta festa disputarase a última proba do circuíto de atletismo de Galicia antes do parón estival provocado pola celebración dos Xogos Olímpicos.

Participarán nesta festa atletas de renome e tamén deportistas da base do club e doutros clubs que tamén están a despuntar dentro das competicións galegas.

En definitiva, trátase de gozar da última proba da temporada antes do descanso do verán e tamén das Olimpiadas. "Para eles é case máis unha festa que unha proba deportiva", concluíu o concelleiro de Deportes.

Comentarios