Comezo para a esperanza do GD Supermercados Froiz

O equipo colócase segundo da Copa de España da categoría elite logo da disputa da primeira proba
Pablo Alonso esprintando para ser quinto. DP
photo_camera Pablo Alonso esprintando para ser quinto. DP

Excelentes sensacións as deixada polo Grupo Deportivo Supermercados Froiz no comezo da Copa de España grazas a unha importante actuación colectiva, pero con especial atención ao rendemento de Pablo Alonso, que ao ser quinto na Aiztondo Klasika levantouse á segunda posición no xeneral de elite da Copa de España, que é un dos obxectivos desta tempada da formación pontevedresa.

O Froiz entrou con bo pé na Copa de España mostrando un bo bloque e traballo de equipo. Un día marcado pola choiva e o frío que fixo imposible comer e beber practicamente durante toda a carreira. Moitas caídas pola presenza de choiva e do frío que fixeron estragos e a freada moito máis difícil.

Non tardaron moito en sucederse os ataques na carreira guipuscoana. Os primeiros en moverse, Raúl Bastida e Azcona (Telco), que chegaron a manexar unha diferenza de ao redor dun minuto de vantaxe. A mala fortuna cebábase no entanto cun Azcona que se ía ao chan, deixando en solitario ao seu compañeiro na cabeza, mantendo este durante algúns quilómetros esa vantaxe dun minuto.

Houbo unha escapada de saída que se botou abaixo antes de entrar no circuíto final. Alí produciuse unha selección onde ían os alimenticios Pablo Alonso, Santiago Cadavid e Ramón Fernández con sete corredores máis. Pablo Alonso atacou a falta de dúas voltas para meta e con el cinco corredores máis. En ultímaa volta no porto de Aduna os tres homes da Caixa Rural puxéronse a bloque e o vencedor final foi un deles, Marc Brustenga. Por parte da escuadra alimenticia Pablo Alonso fixo 5º a 45'' do vencedor a pesar da caída que tivo a metade de carreira pola choiva e Santiago Cadavid 12º. O equipo traballou moi ben como bloque e Miguel Mera fixo un gran traballo esperando a Alonso na súa caída e levándoo cara adiante mostrando ser un bloque competitivo na dura xornada.

Tras a primeira proba o Froiz ocupa a sexta posición na clasificación por equipos.

A vitoria na proba vasca foi Patxi Alkorta mentres que o líder da Copa é Marc Brustenga (Caixa Rural-Seguros RGA) como primeiro líder. O ciclista catalán levou a vitoria nun emocionante final tras superar case no último quilómetro a un exhausto Miquel Valls, protagonista da xornada tras unha larguísima fuga en solitario.

A Copa de España terá continuidade o próximo 11 de abril co 50º Memorial Valenciaga.

Máis en Deporte Local Pontevedra
Comentarios