0-2. O Ibiza elimina o Pontevedra da Copa do Rei

Un momento del partido entre el Ibiza y el Pontevedra. DP
photo_camera O Ibiza eliminou o Pontevedra en Pasarón. RAFA FARIÑA

Foi como esas típicas noites que un leva días esperando con ilusión e acaban en decepción polas expectativas xeradas. Unha desas saídas nocturnas marcadas no calendario para romper coa rutina, pero que demostran que a noite non é a solución aos problemas diarios. De feito, afonda máis neles se está mesturada con alcol. E sustancia etílica da mala foi o que zumegou a Copa deste mércores en Pasarón, potenciada por un Pontevedra ao que a costa de xaneiro se lle está facendo máis verdade que mito, ampliada polo aroma do Nadal de decembro. 

A Boa Vila dixo adeus este mércores á competición copeira nunha noite que foi de garrafón. A machacante música mesturada como un disco raiado que envolveu o estadio —e sobre todo as cabinas de prensa— no prólogo, o entreacto e o epílogo só axudou a ampliar a sensación de decadencia, amplificada polo equipo. Un colectivo que pouco recordou á alegría que o seu xogo transmitía hai algunhas semanas e que, por suposto, aínda se pode recuperar. Non é xaneiro un mes propicio para grandes dispendios. 

A noite comezou tan torcida como a de hai 20 días. O Ibiza, xa sen piscina polo medio, demostrou que tamén sabía competir por terra e aire. Saíu mellor plantado o equipo de Alfaro ao choque, tratando de mesturar o xogo directo co combinativo e, sobre todo, sen deixar manobrar o Pontevedra. O bloque celeste igualou en intensidade ao granate, que acabou unicamente por buscar os balóns longos cara a un Adighibe demasiado só e ben marcado por Gonzalo e Mariano

Así, o único que merodeaba a área de Edu, dando continuidade a aquelas dúas grandes ocasións no primeiro cuarto de hora do choque iniciado o ano pasado, era o Ibiza. Rodado non era pan comido para Víctor Vázquez. E co marinense sufrindo, Erraji non transmitía a seguridade pola que se gañou, con fartura, o posto.

â?? Le a crónica completa na edición impresa de Diario de Pontevedra deste xoves

Ficha técnica
Pontevedra: Edu, Santi, Víctor Vázquez, Erraji, Pol Bueso (Romay, min. 55), Sana, Mejía (Álex F., min. 66), Álvaro Bustos (Rivera, min. 80), Pedro Vázquez, Álex González e Adighibe.

Ibiza: Germán, Fran Grima, Gonzalo, Mariano, Morillas, Núñez, Kike López (Pep Caballé, m.68), Sibo, Javi Pérez (Cirio, min. 85), Raí e Rodado (Quintanilla, m. 89).

Goles: 0-1, min. 28: Kike López. 0-2, min. 60: Rodado. 

Árbitro: Alemán Pérez (Canarias). Amoestou con cartón amarelo a Álex González e Álex Fernández, polo Pontevedra, e a Núñez, polo Ibiza. 

Incidencias: Encontro correspondente á primeira rolda de Copa do Rei, reanudado no minuto 17 por suspensión o pasado 18 de decembro. Estadio Municipal de Pasarón, uns 500 espectadores.

Máis en Deporte Local Pontevedra
Comentarios