"Hai que deixar a frustración, ser positivos e salvarnos"

Imanol García fíxose co Premio Estrela Galicia ao mellor xogador do Pontevedra no mes de marzo
Imanol García, con el premio al mejor jugador de marzo. DP
photo_camera Imanol García, co premio ao mellor xogador de marzo. DP

Imanol García recibiu este mércores en Pasarón o Premio Estrela Galicia ao mellor xogador do Pontevedra no mes de marzo. O centrocampista foi un dos tres granates elixidos pola prensa que segue a diario a actualidade do primeiro equipo e finalmente, recibiu máis votos que Adrián Cruz e Álex González por parte da afección no Facebook do club.

O mediocampista navarro sinalou que "gusta ter recoñecemento individuais, pero o importante é o equipo", preguntado pola importancia do galardón. Xa centrado no presente, o exfutbolista do Córdoba recoñeceu que, tal e como apuntou Luisito, ao persoal gustaríalle dar xa por acabada a tempada. Con todo, recalcou que queda moito por facer porque o obxectivo que o Pontevedra ten entre mans é fundamental: "Cando hai ilusión e o equipo está feito para estar en postos de máis arriba, custa. É un golpe de realidade loitar por outra cousa. É duro. Pero hai que ser fortes psicoloxicamente para plasmalo no campo". 

No mesmo sentido, Imanol García destacou que agora o equipo debe "tratar de gañar e salvar a categoría". "Hai que deixar atrás a frustración que tivemos durante moitos momentos, ser positivos e salvarnos", recalcou, antes de recoñecer que a presidenta, Lupe Murillo, manifestou o seu descontento ao persoal: "A nós tamén nolo dixo. Ten razóns para estar desilusionada. Pero non hai volta atrás e hai que pensar en acabar ben". 

Deste xeito, o xogador deulle transcendencia ao momento presente e evitou mollarse sobre o seu futuro, coma se fixeron outros membros do equipo como Charles e Luisito: "Primeiro hai que acabar a tempada e facer as cousas ben. Logo xa se falará sobre o futuro e as ilusións que podemos plasmar de face á tempada que vén": 

Comentarios