martes. 21.01.2020 |
El tiempo
martes. 21.01.2020
El tiempo

O derbi que deixa ao Teucro afundido

Os xogadores do Teucro logo da derrota ante o Atlético Novás. RAFA FARIÑA
Os xogadores do Teucro logo da derrota ante o Atlético Novás. RAFA FARIÑA
O dominio foi claro desde o primeiro minuto por parte do Acanor Atlético Novás, que liderou o
marcador durante todo o encontro e non deixou nin un respiro ao Teucro

Os Condes de Albarei Teucro non viviu este sábado a súa mellor noite ante o Acanor Atlético Novás (24-35). Un derbi no que xogaban en casa pero no que sufriron como na súa última derrota a domicilio ante o Bordils.

A mala serie continúa para os azuis e as sensacións que se viviron na cancha catalá volvéronse a repetir do sábado no Pavillón Municipal de Deportes. Os azuis non foron quen de competir ante un Atlético Novás que chegou coa intención de bombardear a portería rival, algo que logrou conseguir índose así ao descanso cun resultado que sentenciaba ao Teucro e xa predicía por onde ía continuar o encontro.

A primeira parte non deixou en bo lugar aos de Luis Montes. Os do Novás impuxéronse desde o primeiro minuto e non deron un respiro ao Teucro. O dominio por parte do rival estaba claro e no primeiro parcial ao Teucro custáballe achegarse á portería do Novás.

Tan só Moyano puido conseguilo e inaugurar así o marcador para o seu equipo, aínda que os de Quique Domínguez xa contaban con tres goles na súa marcadora.

CONSULTE A CRÓNICA COMPLETA NA EDICIÓN IMPRESA DESTE DOMINGO DE DIARIO DE PONTEVEDRA

O derbi que deixa ao Teucro afundido
Comentarios