O Pontevedra suma tres valiosos puntos ante as Lavercas

O Pontevedra sumou tres importantes puntos no derbi ante as Lavercas grazas ao gol de Carneiro no último minuto da primeira metade.

(Vídeo xentileza de PontevedraTV)

O conxunto granate con este triunfo suma sete dos nove puntos posibles con Manu Fernández no banco.

Nun mal partido o conxunto grante sumou unha vitoria que debe servir para afianzar o traballo do novo técnico e dar confianza a un persoal que debe ir a máis.

As Lavercas intentouno, sobre todo, na segunda metade, pero o seu dominio foi infrutuoso e nas poucas ocasións de que dispuxo os seus xogadores non estiveron acertados ante a portería Edu.

Comentarios