2-2. O balón parado salva un punto para o Pontevedra

Javi Pazos anotou un gol ao más puro estilo Ibrahimovic á saída dun córner uns poucos minutos despois do tanto de Romay ►Joni Montiel, no minuto 14, e Villares, no 38, puxeran por diante ao Fabril

Javi Pazos celebra un gol. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Javi Pazos celebra el gol. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

O Pontevedra Club de Fútbol empatou contra o Deportivo Fabril nun partido tolo, con moitas alternativas no xogo e no que as defensas foron superadas polos ataques.

Na primeira metade o Fabril dominou a posesión e tivo máis criterio co coiro, o que se traducía no 0-2 ao descanso. Un trallazo de Montiel no minuto 13 e unha preciosa xogada colectiva na que Villares encontrou a portería de Edu serviron para darlle a vantaxe no marcador aos deportivistas.

Na segunda parte o Pontevedra reaccionou con coraxe e con centros á área. En dous córners Romay, de cabeza, e Javi Pazos, cun precioso remate co calcaño, igualaron o encontro.

Ao final, o partido rematou cunha igualada que non convenceu a ninguén, pero que reflectiu polo menos a capacidade de reacciçon do equipo de Luismi.