España confía en Silvia Aguete, Caridade e Luci

As tres viaxarán a Suecia para participar na fase de clasificación para o Campionato de Europa entre o 20 e o 23 de outubro
Silvia Aguete atajando un disparo de Luci. RAFA FARIÑA
photo_camera Silvia Aguete atajando un disparo de Luci. RAFA FARIÑA

Silvia Aguete, Caridade García e Lucía Gómez, Luci, defenderán as cores da selección feminina absoluta de fútbol sala nos partidos correspondentes á fase de clasificación para o Campionato de Europa de seleccións nacionais. A cita desenvolverase en Suecia a partir do próximo ano.

A xogadora do Marín Fútsal afiánzase nunha lista na que se converteu nunha fixa nos últimos tempos, logo de recibir o nomeamento a mellor gardameta do mundo en 2019.

Xunto a ela, baixo paus, estará unha vella coñecida, Caridade García, porteira do Poio Pescamar, que retorna á convocatoria logo de haberse perdido a anterior citación en setembro, na que levaron a cabo sesións de adestramento e partidos preparatorios do colectivo.

A que tamén repite é a experiente á do Poio Pescamar Lucía Gómez, Luci, que xa estivo co combinado nacional na última chamada da seleccionadora Claudia Pons no último terzo do mes de setembro.

As tres xogadoras formarán parte dun colectivo de 15 deportistas que disputarán os tres enfrontamentos correspondentes á fase clasificatoria, que se disputará nunha sede única entre o mércores día 20 e o sábado 23 do presente mes de outubro.

O torneo desenvolverase na localidade sueca de Halmstad. Pero previamente, as deportistas deberán concentrarse en Madrid. O 10 de outubro reuniranse para levar a cabo os adestramentos preparatorios.

España, como campioa continental, estivo exenta da primeira fase.

Os tres rivais que se atopará no seu grupo son Italia, Eslovaquia e a anfitrioa Suecia. Os partidos xa teñen horario definido. O primeiro envite levará a cabo o mércores 20 ás 15.00 horas, con Eslvaquia como rival.

Ao día seguinte, Italia porá a proba ao combinado de Claudia Pons, tamén ás 15.00 horas. Para acabar, Suecia e España loitarán polos últimos puntos en disputa da fase, ás 17.00 horas do sábado.

Ademais de por as coñecidas xogadoras do Poio Pescamar e o Marín Futsal, a convocatoria complétase coas seguintes doce deportistas, entre as que hai unha notable presenza de xogadoras dos Peixes Rubén Burela:

A porteira Marta Balbuena do Futsi Atlético Navalcarnero; os peches Noelia, (Roldán), Isa García (Leganés) e Laura Córdoba (Futsi Atlético Navalcarnero); as ás Ana Luján (Futsi Atlético Navalcarnero), Ale de Paz (Peixes Rubén Burela), Peque (Peixes Rubén Burela) e Melli (Universidade de Alacante); a á pivote Consu (Roldán) e Amelia (Futsi Atlético Navalcarnero), e as pivotes Irene (Futsi Atlético Navalcarnero) e Dany (Peixes Rubén Burela).

Comentarios