Estrea de liga ante o Roldán

O Poio Pescamar estrearase en Murcia en competición regular, aínda que sete días antes terá que disputar o partido de volta de Copa Xunta fronte ao Ourense Envialia
2020091911533412316
photo_camera Ana Rivera durante o último partido ante o Roldán na Seca. DAVID FREIRE

O Poio xa ten calendario. O club pode marcar xa a data e lugar para a volta á liga. Será o 17 de outubro ante o Roldán, en Murcia. Un primeiro partido que chega ademais, sete días logo de disputar o partido de volta de Copa Xunta, outra competición que quedou parada a pasada tempada e deberá finalizarse este ano.

O calendario chega xusto, moi xusto para o equipo da Seca. A menos dun mes do pistoletazo de saída, algo que preocupa ao adestrador do equipo conserveiro, Manu Cosío. "Hai que ver como chegamos, porque é un ano atípico, a tempada atípica, porque de momento non fixamos nin amigables, porque non hai moito equipo contra o que xogar, así que igual nos plantamos a semana antes que temos Copa Xunta sen xogar ou como moito xogando un ou dous partidos", asegura o técnico.

calendarioO Roldán será só a primeira pedra de toque deste equipo que terá unha tempada sen descansos. O Poio estrearase na súa casa unha semana despois ante Penya Esplugues.

O primeiro derbi de liga terá lugar o 14 de novembro ante o Ourense Envialia, o mesmo rival que previamente se atoparon as rojillas no partido de Copa Xunta, e farano a domicilio, para abrir paso a outro dos pratos fortes que chegará unha semana despois: o encontro ante o recentemente ascendido Viaxes Amarelle. O partido de ida ante o Burela chegará no mes de febreiro e será na Seca.

Un calendario en grao sumo apertado para un Poio que xuntará tres competicións ao mesmo tempo e que xa deixou reaccións no club de Juanjo García. "O formato que nos pasaron, que é o que está aprobado, non deixa ningún fin de semana libre. O 20 de decembro xogamos a Copa da Raíña, despois xaneiro volve a liga, a ponte de decembro, Semana Santa, hai xornadas entre semana, a ponte da Constitución xogamos en Melilla... Véxoo bastante inviable. A maioría de equipos son amateur e xornadas entre semana é difícil xogar", apunta Manu Cosío.

O adestrador do equipo conserveiro está seguro de que o calendario se estableceu "para non acabar as competicións", asegurando que a ausencia de descansos entre xornadas non deixa marxe de manobra para facer fronte aos posibles contaxios que poidan suceder durante a tempada. "Se cun positivo hai que parar sete días hai que aprazar as xornadas e non se sabe cando se xogarían porque o calendario está completo ata xuño, e o 30 de xuño hai que acabar".

A nova tempada está a xerar controversia no Poio, que vela polo estado físico das xogadoras, asegurando que será complicado manter o bloque sen lesións debido á carga de traballo. "Hai xogadoras que teñen molestias musculares, porque levaban tempo sen competir e estamos a facer oito sesións á semana e por moito que dosifiques as cargas as molestias aparecen", apunta o técnico.

O Poio terá 34 xornadas ligueiras en oito meses, ao que se sumarán polo menos, cinco encontros máis entre os que xurdan de Copa da Raíña e Copa Xunta. Aínda que o propio adestrador asegura que falar dun final de tempada é pensar a longo prazo, algo que polo momento non entra nos plans do Poio. "Non te podes centrar moito a longo prazo porque dun día para outro cambia o panorama".

O coronavirus marcou o deporte, a pesar de que as distintas entidades se esforcen ao máximo por facelo regresar á normalidade. De feito, os gastos que pode xerar o porvir da tempada pode pasar factura aos diferentes equipos. "Empezamos o primeiro partido en Murcia e se cadra pola mañá unha xogadora dá positivo. ¿Que facemos? ¿Deixamos a xogadora alí e volvémonos, ou quedamos todo o equipo? ¿Quen paga todo iso?".

Dúbidas que se irán resolvendo ao longo da tempada.

Copa da Raíña | O regreso en decembro 
O fin de semana do 19 e 20 de decembro hai cita coa Copa da Raíña, que volve para finalizar a competición que quedou a medias na tempada 2019-2020. O Poio Pescamar abrirá a Final Four nestas datas, á espera de coñecer o seu rival, que estará entre o Alcorcón, Peixes Rubén Burela e Universidade de Alacante. 

Copa Xunta 
O Poio abrirá a súa tempada de competición coa Copa Xunta, que quedou no aire o pasado mes de marzo co encontro de ida ante o Ourense Envialia. Volverá o 10 de outubro para asinar a volta.

Máis en Deporte Local Pontevedra
Comentarios