Eva Arias supera a marca galega de 5 quilómetros ruta en Barcelona

A atleta da Sociedade Ximnástica conseguiu rebaixar a marca, que tiña Mercedes Gómez, en máis dun minuto
Eva Arias. TWITTER
photo_camera Eva Arias. TWITTER

A atleta da Sociedade Ximnástica de Pontevedra, Eva Arias, finalizou o ano 2020 dun xeito espectacular.

A fondista conseguiu, na carreira de popular de Cursa dels Nassos (Barcelona), bater a marca galega de 5 quilómetros en ruta na categoría F40, cun rexistro de 17:40, unha marca que estaba en posesión de Mercedes Gómez cun tempo de 18:48.

Arias xa conseguira mellorar devandito rexistro na San Silvestre de Masnou, o pasado día 26, cando parou o crono en 17:59, pero esta marca non se contabilizou como marca autonómica debido a que o circuíto non era homologado.

Foi por iso que a atletas da Ximnástica decidiu volver intentalo uns días máis tarde e, finalmente, tivo os resultados esperados. Non só conseguiu bater a marca galega senón que, ademais, rebaixou a propia marca que xa batera en Masnou.

Segundo confirmou a propia Eva Arias "a carreira fíxoseme duriña porque o circuíto era pouco favorable". Con todo a fondista soubo adaptarse ao terreo e pechar o 2020 conseguindo recortar a marca en máis dun minuto.

Comentarios