Experiencia positiva

O CW Galaico finaliza no posto 13 no Campionato de España cadete
CW Galaico posando frente a la piscina valenciana
photo_camera CW Galaico posando frente a la piscina valenciana

A formación cadete do Club Waterpolo Galaico Pontevedra finalizou nunha meritoria décimo terceira posición no Campionato de España de Waterpolo categoría cadete que se celebrou en Valencia, en concreto, na piscina municipal de Nazaret.

O equipo pontevedrés ofreceu boas dose de xogo e foi definitivo o cruzamento de oitavos de final no que non puido superar ao Real Canoe de Madrid. Os pontevedreses disputaron primeiro unha fase previa. O primeiro duelo foi contra o CW Navarra, co que igualaron a dez goles (2-4, 4-2, 3-1, 1-3 e 4-3) e perderon na rolda de penaltis (4-3). A segunda confrontación foi ante o Stadium Casabranca de Zaragoza, con vitoria por 12-7 (4-3, 3-3, 2-1 e 3-0). Ao acabar segundos de grupo enfrontáronse en oitavos de final ao Real Canoe NC de Madrid. O gran soño era eliminar aos madrileños e chegar a cuartos, pero non foi posible e o marcador en contra dio todo: 3-18, en favor dos madrileños (1-6, 1-2, 0-5 e 1-5). Na loita polos postos 9 ao 16, o rival foi o CN Mataró A Sirena, con derrota por 5-20 (1-4, 2-7, 2-4 e 0-5).

Na semifinal polos postos 13 ao 16, o rival foi o Majadahonda Caude, con triunfo por 14-7 (5-2, 5-2, 3-2 e 1-1). No particular final desta fase, os pontevedreses enfrontáronse ao CW Turia, dominando por 9-10 (3-2, 3-2, 2-6 e 1-0).

A formación pontevedresa estaba formada por Pablo Sueiro, Juanjo Roca, Iago Facal, Pedro Fentanes, Luís Mosquera, Artai Pouses, Rodrigo Sobral, Aarón Tellería, Rubén Rodríguez, Germán Amoedo, Jacobo Baltasar, Pablo Teijeira e Xián Barros. Cabe destacar que Aarón Tellería foi o quinto máximo goleador do torneo (17).

Comentarios