O extremo Pablo Picallo renova co Cisne

Cumprirá o seu "soño" de xogar en Asobal tras once anos no primeiro persoal
Pablo Picallo durante esta temporada. RAFA FARIÑA
photo_camera Pablo Picallo. RAFA FARIÑA

O extremo esquerdo Pablo Picallo ampliou un ano a súa vinculación co Cisne, co que cumprirá o seu "soño" de xogar na liga Asobal tras once tempadas no primeiro persoal do equipo pontevedrés.

"Estou moi orgulloso de seguir na miña casa, con xente que como eu creceu co club e xente que é de aquí no club. O parrulo feo ao final do conto converteuse en cisne, así que o ano que vén verémonos todos xuntos na Asobal", declarou o xogar tras asinar o seu novo contrato.

Coa renovación de Picallo, o técnico Javier Fernández, Jabato, xa conta con 15 xogadores para afrontar o histórico debut do Cisne na máxima categoría do balonmán español: Andrés Sánchez, David Chapela, Jose Leiras, Iván Calvo, Jorge Villamarín, Gonzalo Carró, Miguel Simón, Daniel Ramos, Álex Chan, Alejandro Conde, Álvaro Prezado, Pablo Gayoso, Dani López, Picallo e Carlos Pombo.

Máis en Deporte Local Pontevedra
Comentarios