Fernández afúndese na Garita e deixa ao Froiz sen a Volta

O alimenticio, que era terceiro no xeneral, coouse na etapa boa pero perdeu contacto coa cabeza na última subida
undefined
photo_camera Corredores do Froiz durante a etapa deste domingo. FGIC

Ramón Fernández afundiuse na Garita de Herbeira (San Andrés de Teixido) e non puido facer realidade as aspiracións do Super Froiz de gañar unha Volta a Galicia que tivo en Álex Martín o seu gañador final tras unha etapa que foi gañada polo portugués Videira.

Todo empezou cando o Gomur decidiu romper a unidade e meter a cinco dos seus corredores nun corte de 20 ciclistas. Tanto Fran Agea como Ángel estaban nunha escapada onde colleron a responsabilidade. Seguindo este movemento, tamén se filtraron diante Ramón Fernández (Froiz), terceiro no xeneral antes de comezar a etapa; Pablo García (Caixa Rural), Patrick Videira (Fortunna Maia) ou Álex Martín (EOLO Kometa).

As diferenzas, ante a falta de entendemento no pelotón, foron aumentando ata superar os 2 minutos e medio. Superada a subida de A Faladoira, xa camiño da parte decisiva, empezaron a reducirse as distancias. A pé da última subida a Herbeira, a desvantaxe era tan só de 1 minuto.

Moveuse Videira en busca dos puntos da montaña e abriu 20 segundos, soñando coa etapa.

Superada a subida da Faladoira, xa camiño da parte decisiva, empezaron a reducirse as distancias. A pé da última subida a Herbeira, a desvantaxe era tan só de 1 minuto.

Moveuse Videira en busca dos puntos da montaña e abriu 20 segundos, soñando coa etapa. Por detrás, seleccionouse o grupo con Coterillo, García e Martín que deixaron ao resto de fuxidos.

Co pelotón sen opción, Videira mantivo a súa diferenza nas ramplas máis duras, mentres Martín loitaba con García polo xeneral. A carreira chegou á cima de Herbeira aínda por decidir. No descenso, consolidouse a vitoria de etapa do portugués mentres que Martín puido xestionar as diferenzas e entrar en meta en segunda posición como vencedor final da Volta Ciclista Galicia.

                                                           clasificacion volta a galicia

Comentarios