A Festa HQR! recibe a Distinción ao Mérito Deportivo en Vilalba

O evento, que busca promover o compañeirismo e o deporte a través da diversión, leva organizándose quince anos

O auditorio municipal de Vilalba acolle este xoves a partir das 19.00 horas a cerimonia de entrega dos premios ao mérito deportivo 2015, galardóns que concede a Xunta de Galicia desde 2010 e nos que este ano destaca o premio á Festa HQR!, que organiza Diario de Pontevedra e que este ano alcanzou a súa décimo quinta edición.

O acontecemento, que organiza o rotativo pontevedrés, é o único evento deportivo que obtén este tipo de recoñecemento a nivel autonómico.

A Festa HQR! leva desenvolvéndose desde o ano 2000 e serviu para permitir aos máis jovenes gozar de diferentes actividades deportivas e de lecer durante o período do Nadal. A súa finalidade é promover a práctica do deporte, o compañeirismo, a diversión e a solidariedade por encima do resultado deportivo e da competitividade entre os equipos.

Comentarios